LETRAS GALEGAS 2024

‘Mulleres de sempre’, unha obra colectiva para agasallármonos co mellor da nosa literatura

Con motivo do mes e do Día das Letras Galegas poñemos en marcha unha nova campaña de promoción do libro galego. Nela agasallamos 20.000 exemplares do libro homenaxe ás seis mulleres recoñecidas ao longo da historia deste día tan especial.

Festexar as nosas letras

As nosas letras, a nosa lingua e a nosa cultura son sempre un motivo para festexar. Facémolo compartindo o libro Mulleres de Sempre con todas as persoas que merquen un libro en galego. A promoción estará dispoñible durante o mes de maio das librarías federadas de Galicia.

Seis mulleres

Son seis, si, mais son moitas máis.  Así o entenden Dolores Vilavedra, Rosalía Fernández Rial, Ledicia Costas, María Xosé Porteiro, Marica Campo, Eva Mejuto, Susana Sanches Arins e a ilustradora Bea Gregores. Elas transformaron unha idea nun proxecto colectivo cheo de cariño e cunha mensaxe transformadora.

Unha inxustiza histórica

En 62 anos, 56 autores e 6 autoras foron homenaxeados no Día das Letras Galegas. A desproporción é tan sumamente esaxerada que esgota todas as explicacións de quen pretenda negar a realidade. Recoñecer a inxustiza é o primeiro paso para comezar a reparala. Sirva esta obra como un paso.

Un proxecto ambicioso

O talento e a trascendencia histórica das autoras que protagonizan Mulleres de sempre obrigounos dende o primeiro momento a abandonar a primeira persoa e transformalo na homenaxe de toda Galicia. E Galicia, unha vez máis, estivo á altura.

A xenerosidade que atopamos nas colaboracións superou as nosas espectativas e son xa un motivo de orgullo para a Fundación Xistral. Moito temos que agradecer á Federación de Librarías de Galicia, á Asociación Galega de Editoras, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Casa de Rosalía.

 

Seis máis seis. Son unha ducia, pero podían ser moitas máis. Velaí, en última instancia, a que foi a principal conquista daquelas e destas mulleres, das homenaxeadas e das que as cantan: a de saíren do armario da singularidade (sexa por raras ou por excepcionais), ese que nos reduce á categoría de pezas de museo. Porque esa diversidade -a súa, que é a nosa- é arestora a nosa principal fortaleza. E vai a máis.

Dolores Vilavedra