A REDE DO LIBRO GALEGO

Rexístrate en ‘M8 por ler’ e participa da primeira rede social do libro en galego

Queres estar ao tanto das novidades editoriais, coñecer as últimas lecturas da túa autora favorita ou saber que libro está a ler o teu mellor amigo?

Por que?

Temos un mercado do libro en galego cativo e decrecente. Os datos que manexamos falan dun 8% de venda nas nosas librarías, algo que sumado a perda continua de galegofalantes sitúa a nosa literatura nun dos puntos máis críticos da súa historia.

Nesta situación entendemos que a sociedade civil debemos dar un paso á fronte e sumar esforzos para protexer o noso idioma.

O que

M8porler é un portal web informativo e interactivo sobre a nosa literatura, no que conviven dende as autoras e autores ata as lectoras e lectores.

Todas as usuarias rexistradas contan cun perfil propio co que valorar e recomendar libros, facer listas persoais e seguir a actividade de calquera perfil configurado como público, tanto dos persoais como dos profesionais.

Para quen?

Para as lectoras e lectores. A páxina é un lugar de encontro, intercambio e conversa arredor do libro galego.

Trátase dun espazo para todas as idades e no que podes participar de balde.

Rexístrate facendo clic aquí: https://m8porler.gal/login

Moito por facer

Cada vez que entras nunha biblioteca ou nunha libraría tes ante ti infinitas posibilidades para que ese 8% sexa unha porcentaxe con data de caducidade. Canto máis subamos ese número, máis e mellores historias imos poder escribir e ler na nosa lingua.

Temos moito por ler, porque temos moito por contar. Cada lectura en galego e semente dunha nova.

 

¿Qué son las cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en tu ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web, etc. Tipo de cookies utiliza esta página web.